12/12/2012

Altofalantes electro-dinámicos ou de bobina móbil

Os altofalantes electro-dinámicos, transforman a enerxía eléctrica en enerxía mecánica (movemento), esa enerxía mecánica, crea ondas sonoras producíndose enerxía acústica.

O altofalante, ten unha bobina sometida a un campo magnético producido polo imán. Cando unha corrente eléctrica circula pola bobina, teremos un electroimán. Como a bobina está unida ao cono, este moverase producindo enerxía acústica.

De forma xenérica:
Frecuencias graves: De 20 a 1000 Hz
Frecuencias medias: De 1000 a 5000 Hz
Frecuencias agudas: De 5000 a 20000 Hz


Tendo en conta as características construtivas dun altofalante, imos ver a razón de que a potencia admisible nun altofalante de graves (por exemplo de 400 W) sexa moi superior á dun altofalante de agudos (tweeter, 15W).
Esta diferencia débese á distribución da enerxía en función da frecuencia, o tamaño da membrana e o desprazamento da membrana.


Unha das características da música, e  que as frecuencias graves posuen mais enerxía cas frecuencias altas. Ademais un altofalante de graves ten unha membrana moito maior ca dun tweeter o que fai necesaria unha bobina mais grande para movela e en consecuencia unha maior potencia.


Os altofalantes de baixa frecuencia son moi pouco eficiente a altas frecuencias, por iso creáronse os tweeters ou altofalantes de agudos. O principio de funcionamento é similar pero o tamaño da membrana e moito menor.


Qué pode ocorrer se aplicamos un sinal eléctrico correspondente a frecuencias graves nun tweeter?
Neste caso a bobina do tweeter intentará reproducir toda as frecuencias que contén o sinal. Como as frecuencias graves esixen un gran desprazamento, a bobina desprazarase en exceso e o mais frecuente é que o fío da bobina rompa. Por eso é moi importante filtrar as frecuencias graves do sinal, para que o tweeter reproduza o ancho de banda para o que foi deseñado.









Ningún comentario:

Publicar un comentario