7 de nov. de 2011



Video realizado por membros do Departamento de Electrónica e Tecnoloxía dos Computadores da Universidade de Granada (ESPAÑA) dentro do proxecto de innovación docente "Desenvolvemento de material audiovisual e de simulación para o ensino dos dispositivos electrónicos".

5 de nov. de 2011

Exercicios de autocorrección

Se queres facer exercicios de cálculo en circuítos e necesitas comprobar os resultados, podedes entrar na seguinte ligazón:



Por exemplo, se queredes facer cálculos en circuítos con resistencias en corrente continua, entraredes no globo " electricity and magnetism" despois no globo "resistor", na xanela que se abre, na segunda columna, clica en DC circuits e despois no globo Examples. Despois so tes que elixir o tipo de circuíto ,dar valores e comprobar os resultados.


Circuito oscilante

Preséntovos outra páxina que me pareceu de interese, nela atoparedes un montón de Applets de diferentes tipos de circuítos.
+información

Animacións electromagnetismo


 
No enlace, tendes moita información sobre electromagnetismo, campos electricos e magnéticos,circuítos con resistencias, bobinas, condensadores, etc.
Posiblemente a parte teórica é demasiado densa para alumnos do ciclo medio pero ó final de cada tema ten unha simulacións  (no índice aparece como actividades) realmente boas que vos poden axudar a comprender os circuítos.

Efectos dos harmónicos nos equipos electrónicos

Existen numerosos equipos modernos que son moi sensibles os cambios producidos na voltaxe de alimentación . Entre eles están os ordenadores, ,dispositivos electrónicos de comunicacións, etc.. Estes equipos o estar constituídos por complexas e delicadas configuracións de elementos de baixa potencia, necesitan dunha fonte de alimentación moi estable . Para iso necesitan dunha fonte primaria de ac e dun bloque rectificador con fonte de voltaxe estabilizada. En algúns casos este bloque de alimentación non posúe o grado de invulnerabilidade necesario para soportar certos grados de distorsión da onda de voltaxe. Por esta razón os delicados circuítos son sometidos a variacións notables no lado dc de súas fontes, afectando ó funcionamento dos mesmos. Esta é a causa por exemplo do re-arranque de ordenadores sometidos a voltaxes altamente contaminados. Ademais, os equipos con alto nivel de integración que esteñan sometidos a voltaxes distorsionados por harmónicos durante prolongados períodos de tempo, poden presentar danos irreparables.
No caso dos equipos que necesitan dun potencial de terra nulo, si están conectados a condutores de neutro polos que circulan correntes de harmónicos, entón veranse sometidos a voltaxes de neutro a terra certamente perigosos que poden causarlles avarías.
Existen ademais equipos electrónicos que necesitan sensar as magnitudes de fase para ter unha noción de tiempo con respecto os comezos dos períodos das correntes e voltaxes de alimentación. Normalmente basean o seu funcionamento na detección do cruce por cero das magnitudes que chequean. Cando estas están sometidas os efectos de distorsión pode darse o caso de que aparezcan cruces por cero parásitas. Estas detecciones incorrectas pueden producir funcionamentos erróneos é algunos casos o non funcionamiento dos equipos que controlan.

Efectos e consecuencias dos harmónicos

No seguinte enlace tendes un artigo onde se fai unha breve explicación do que son os harmónicos e os seus efectos.
+información

3 de nov. de 2011

Radio galena

Investigando a construcción dunha radio a galena atopei esta páxina

http://www.bienservida.eu/radiogalena.html

Nela, ademais de atopar diferentes solucións para a construción dunha radio a galena, atoparedes como facer un condensador variable con follas de afeitar ou cun CD. Tamén explica como construír un auricular de alta impedancia ( necesario para escoitar a radio galena).

19 de set. de 2011

Material de traballo

Este é o presuposto das ferramentas, multímetros e placa board proporcionado por "electroson", se queredes consultar as características dos multímetros, tendes os seguintes enlaces a páxina de Velleman:
DVM9912
DVM890
DVM1500

Os prezos son sen I.V.E. teredes que engadir o 18%

13 de ago. de 2011

OFERTA DE EMPREGO PARA TITULADOS E TITULADAS EN ELÉCTRÓNICA

Dende a delegación de Lugo de Adecco comunícannos que están nun proceso de selección de cándidatos e candidatas para o posto de Oficial de 3ª para importante empresa del sector de la energía eólica ubicada en Viveiro. O número de cándidatos seleccinados oscilará entre 50 e 100, segundo o comunicado.
É imprescindible que os candidatos e candidatas conten con titulación nos Ciclos Medios ou Superiores da familia profesional de electricidade e electrónica ou da familia profesional de Fabricación Mecánica, como poden ser o alumnado titulado  no IES PERDOURO en:
  • Ciclo Medio de Equipos Electrónicos de Consumo
  • Ciclo Medio de Mecanizado
  • Ciclo Superior de Desenvolvemento de Produtos Electrónicos
así como unha experiencia mínima de 6 meses en postos similares.
Asi mesmo, para está empresa están a buscar candidatos e candidatas para 10 postos de condutores e condutoras de carretas. Neste caso non é necesario contar cunha formación específica, pero sí contar con 6 meses de experiencia en postos de almacén e carnet de condutor de carreta.
En ámbolos dous postos ofrécese incorporación a partir de setembro e un contratro temporal entre 3 e 6 mesese a xornada completa, en horarios de quendas (mañá, tarde e noite).
Máis información:

20 de maio de 2011

Acender fonte de alimentación

Se queredes acender unha fonte de alimentación dun ordenador sen tela conectada na placa base, so tendes que facer unha ponte entre o cable verde e o negro como aparece na foto.