19/06/2018

Precaución co módulo ZS-042 (reloxo a tempo real)

As seguintes imaxes correspóndense a un módulo ZS-042 que merquei para empregar en proxectos onde precisaba un reloxo a tempo real.

Imagen relacionada
Esta placa, ven cunha pila CR2032 que non é recargable pero a placa está deseñada para empregar pilas que si o son.
Parece ser (non comprobei o que ocorre) que non é recomendable ter a pila non recargable conectada ao circuito de carga da placa, a solución a este problema é doada, é suficiente cortar a pista de PCB que vai do diodo ata a resistencia 201, outro xeito menos radical é desoldar a resistencia 201
 



 corte la línea de PCB entre el diodo y la resistencia 201