5 de nov. de 2011

Efectos dos harmónicos nos equipos electrónicos

Existen numerosos equipos modernos que son moi sensibles os cambios producidos na voltaxe de alimentación . Entre eles están os ordenadores, ,dispositivos electrónicos de comunicacións, etc.. Estes equipos o estar constituídos por complexas e delicadas configuracións de elementos de baixa potencia, necesitan dunha fonte de alimentación moi estable . Para iso necesitan dunha fonte primaria de ac e dun bloque rectificador con fonte de voltaxe estabilizada. En algúns casos este bloque de alimentación non posúe o grado de invulnerabilidade necesario para soportar certos grados de distorsión da onda de voltaxe. Por esta razón os delicados circuítos son sometidos a variacións notables no lado dc de súas fontes, afectando ó funcionamento dos mesmos. Esta é a causa por exemplo do re-arranque de ordenadores sometidos a voltaxes altamente contaminados. Ademais, os equipos con alto nivel de integración que esteñan sometidos a voltaxes distorsionados por harmónicos durante prolongados períodos de tempo, poden presentar danos irreparables.
No caso dos equipos que necesitan dun potencial de terra nulo, si están conectados a condutores de neutro polos que circulan correntes de harmónicos, entón veranse sometidos a voltaxes de neutro a terra certamente perigosos que poden causarlles avarías.
Existen ademais equipos electrónicos que necesitan sensar as magnitudes de fase para ter unha noción de tiempo con respecto os comezos dos períodos das correntes e voltaxes de alimentación. Normalmente basean o seu funcionamento na detección do cruce por cero das magnitudes que chequean. Cando estas están sometidas os efectos de distorsión pode darse o caso de que aparezcan cruces por cero parásitas. Estas detecciones incorrectas pueden producir funcionamentos erróneos é algunos casos o non funcionamiento dos equipos que controlan.

Ningún comentario:

Publicar un comentario