12 de dec. de 2013
2 de dec. de 2013
Acústica básica
Na seguinte ligazón tendes unha páxina moi boa onde explica os fundamentos de acústica : http://www.domingo-roman.net/acusticabasica.html
23 de out. de 2013
1 de out. de 2013
19 de set. de 2013
29 de mar. de 2013
20 de mar. de 2013
9 de mar. de 2013
1º Premio no concurso de robótica
Sony, Javi e Raul acadaron o 1º premio no " V concurso galego de robótica" na categoría de bacharelato e ciclos formativos. Parabéns.
28 de feb. de 2013
31 de xan. de 2013
24 de xan. de 2013
A historia do transistor
Documental sobre a historia do transistor, un dos compoñetes máis importantes no avance tecnolóxico e no desenvolvemento da
sociedade. Emitido por Canal Historia no año 2003
17 de xan. de 2013
9 de xan. de 2013
17 de dec. de 2012
13 de dec. de 2012
12 de dec. de 2012
Altofalantes electro-dinámicos ou de bobina móbil
Os altofalantes electro-dinámicos, transforman a enerxía eléctrica en enerxía mecánica (movemento), esa enerxía mecánica, crea ondas sonoras producíndose enerxía acústica.
O altofalante, ten unha bobina sometida a un campo magnético producido polo imán. Cando unha corrente eléctrica circula pola bobina, teremos un electroimán. Como a bobina está unida ao cono, este moverase producindo enerxía acústica.
De forma xenérica:
Frecuencias graves: De 20 a 1000 Hz
Frecuencias medias: De 1000 a 5000 Hz
Frecuencias agudas: De 5000 a 20000 Hz
Tendo en conta as características construtivas dun altofalante, imos ver a razón de que a potencia admisible nun altofalante de graves (por exemplo de 400 W) sexa moi superior á dun altofalante de agudos (tweeter, 15W).
Esta diferencia débese á distribución da enerxía en función da frecuencia, o tamaño da membrana e o desprazamento da membrana.
Unha das características da música, e que as frecuencias graves posuen mais enerxía cas frecuencias altas. Ademais un altofalante de graves ten unha membrana moito maior ca dun tweeter o que fai necesaria unha bobina mais grande para movela e en consecuencia unha maior potencia.
Os altofalantes de baixa frecuencia son moi pouco eficiente a altas frecuencias, por iso creáronse os tweeters ou altofalantes de agudos. O principio de funcionamento é similar pero o tamaño da membrana e moito menor.
Qué pode ocorrer se aplicamos un sinal eléctrico correspondente a frecuencias graves nun tweeter?
Neste caso a bobina do tweeter intentará reproducir toda as frecuencias que contén o sinal. Como as frecuencias graves esixen un gran desprazamento, a bobina desprazarase en exceso e o mais frecuente é que o fío da bobina rompa. Por eso é moi importante filtrar as frecuencias graves do sinal, para que o tweeter reproduza o ancho de banda para o que foi deseñado.
28 de nov. de 2012
21 de nov. de 2012
23 de out. de 2012
Factores que afectan á capacidade dun condensador
Michael W. Davidson, ten elaborado o se guinte calculador que permite coñecer a capacidade dun condensador en función do dielectrico e do tamaño e da distancia entre as armaduras.
Carga e descarga dun condensador
Angel Franco Garcíana súa páxina ehu.es, ten o seguinte simulador da carga e descarga dun condensador. Poderedes cambiar os diferentes parámetros e visualizar os tempos de carga e descarga
Tamén tendes esta outra simulación:
Tamén tendes esta outra simulación:
25 de set. de 2012
20 de set. de 2012
31 de maio de 2012
23 de maio de 2012
O sintetizador
Aquí so queres escoitar ou tocar
Robert Moog, nado en1934 e finado en 2005, foi un inventor, músico e enxeñeiro norteamericano que, xunto co compositor Herbert Deutsch, inventou o moderno sintetizador (o Moog, presentado nun congreso en 1964).
17 de abr. de 2012
31 de xan. de 2012
Simulacións co Amplificador Operacional
http://www.chem.uoa.gr/applets/appletopamps/appl_opamps2.html
23 de xan. de 2012
19 de xan. de 2012
13 de dec. de 2011
11 de dec. de 2011
5 de dec. de 2011
30 de nov. de 2011
7 de nov. de 2011
5 de nov. de 2011
Exercicios de autocorrección
Se queres facer exercicios de cálculo en circuítos e necesitas comprobar os resultados, podedes entrar na seguinte ligazón:
Por exemplo, se queredes facer cálculos en circuítos con resistencias en corrente continua, entraredes no globo " electricity and magnetism" despois no globo "resistor", na xanela que se abre, na segunda columna, clica en DC circuits e despois no globo Examples. Despois so tes que elixir o tipo de circuíto ,dar valores e comprobar os resultados.
Circuito oscilante
Preséntovos outra páxina que me pareceu de interese, nela atoparedes un montón de Applets de diferentes tipos de circuítos.
+información
+información
Animacións electromagnetismo
No enlace, tendes moita información sobre electromagnetismo, campos electricos e magnéticos,circuítos con resistencias, bobinas, condensadores, etc.
Posiblemente a parte teórica é demasiado densa para alumnos do ciclo medio pero ó final de cada tema ten unha simulacións (no índice aparece como actividades) realmente boas que vos poden axudar a comprender os circuítos.
Efectos dos harmónicos nos equipos electrónicos
Existen numerosos equipos modernos que son moi sensibles os cambios producidos na voltaxe de alimentación . Entre eles están os ordenadores, ,dispositivos electrónicos de comunicacións, etc.. Estes equipos o estar constituídos por complexas e delicadas configuracións de elementos de baixa potencia, necesitan dunha fonte de alimentación moi estable . Para iso necesitan dunha fonte primaria de ac e dun bloque rectificador con fonte de voltaxe estabilizada. En algúns casos este bloque de alimentación non posúe o grado de invulnerabilidade necesario para soportar certos grados de distorsión da onda de voltaxe. Por esta razón os delicados circuítos son sometidos a variacións notables no lado dc de súas fontes, afectando ó funcionamento dos mesmos. Esta é a causa por exemplo do re-arranque de ordenadores sometidos a voltaxes altamente contaminados. Ademais, os equipos con alto nivel de integración que esteñan sometidos a voltaxes distorsionados por harmónicos durante prolongados períodos de tempo, poden presentar danos irreparables.
No caso dos equipos que necesitan dun potencial de terra nulo, si están conectados a condutores de neutro polos que circulan correntes de harmónicos, entón veranse sometidos a voltaxes de neutro a terra certamente perigosos que poden causarlles avarías.
Existen ademais equipos electrónicos que necesitan sensar as magnitudes de fase para ter unha noción de tiempo con respecto os comezos dos períodos das correntes e voltaxes de alimentación. Normalmente basean o seu funcionamento na detección do cruce por cero das magnitudes que chequean. Cando estas están sometidas os efectos de distorsión pode darse o caso de que aparezcan cruces por cero parásitas. Estas detecciones incorrectas pueden producir funcionamentos erróneos é algunos casos o non funcionamiento dos equipos que controlan.
Efectos e consecuencias dos harmónicos
No seguinte enlace tendes un artigo onde se fai unha breve explicación do que son os harmónicos e os seus efectos.
+información
+información
3 de nov. de 2011
Radio galena
Investigando a construcción dunha radio a galena atopei esta páxina
Nela, ademais de atopar diferentes solucións para a construción dunha radio a galena, atoparedes como facer un condensador variable con follas de afeitar ou cun CD. Tamén explica como construír un auricular de alta impedancia ( necesario para escoitar a radio galena).
20 de out. de 2011
Tecnoloxía de montaxe superficial
No seguinte enlace tendes un interesante resumo sobre este tipo de tecnoloxía.
http://ayudaelectronica.com/que-es-smt-tecnologia-montaje-superficial/
19 de set. de 2011
Material de traballo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











































