
Amosando publicacións coa etiqueta electromagnetísmo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta electromagnetísmo b>. Amosar todas as publicacións
31 de out. de 2020
30 de nov. de 2014
23 de nov. de 2014
24 de out. de 2014
12 de dec. de 2012
Altofalantes electro-dinámicos ou de bobina móbil
Os altofalantes electro-dinámicos, transforman a enerxía eléctrica en enerxía mecánica (movemento), esa enerxía mecánica, crea ondas sonoras producíndose enerxía acústica.
O altofalante, ten unha bobina sometida a un campo magnético producido polo imán. Cando unha corrente eléctrica circula pola bobina, teremos un electroimán. Como a bobina está unida ao cono, este moverase producindo enerxía acústica.
De forma xenérica:
Frecuencias graves: De 20 a 1000 Hz
Frecuencias medias: De 1000 a 5000 Hz
Frecuencias agudas: De 5000 a 20000 Hz
Tendo en conta as características construtivas dun altofalante, imos ver a razón de que a potencia admisible nun altofalante de graves (por exemplo de 400 W) sexa moi superior á dun altofalante de agudos (tweeter, 15W).
Esta diferencia débese á distribución da enerxía en función da frecuencia, o tamaño da membrana e o desprazamento da membrana.
Unha das características da música, e que as frecuencias graves posuen mais enerxía cas frecuencias altas. Ademais un altofalante de graves ten unha membrana moito maior ca dun tweeter o que fai necesaria unha bobina mais grande para movela e en consecuencia unha maior potencia.
Os altofalantes de baixa frecuencia son moi pouco eficiente a altas frecuencias, por iso creáronse os tweeters ou altofalantes de agudos. O principio de funcionamento é similar pero o tamaño da membrana e moito menor.
Qué pode ocorrer se aplicamos un sinal eléctrico correspondente a frecuencias graves nun tweeter?
Neste caso a bobina do tweeter intentará reproducir toda as frecuencias que contén o sinal. Como as frecuencias graves esixen un gran desprazamento, a bobina desprazarase en exceso e o mais frecuente é que o fío da bobina rompa. Por eso é moi importante filtrar as frecuencias graves do sinal, para que o tweeter reproduza o ancho de banda para o que foi deseñado.
21 de nov. de 2012
30 de nov. de 2011
5 de nov. de 2011
Circuito oscilante
Preséntovos outra páxina que me pareceu de interese, nela atoparedes un montón de Applets de diferentes tipos de circuítos.
+información
+información
Animacións electromagnetismo
No enlace, tendes moita información sobre electromagnetismo, campos electricos e magnéticos,circuítos con resistencias, bobinas, condensadores, etc.
Posiblemente a parte teórica é demasiado densa para alumnos do ciclo medio pero ó final de cada tema ten unha simulacións (no índice aparece como actividades) realmente boas que vos poden axudar a comprender os circuítos.
16 de dec. de 2010
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





