30 de nov. de 2011
7 de nov. de 2011
5 de nov. de 2011
Exercicios de autocorrección
Se queres facer exercicios de cálculo en circuítos e necesitas comprobar os resultados, podedes entrar na seguinte ligazón:
Por exemplo, se queredes facer cálculos en circuítos con resistencias en corrente continua, entraredes no globo " electricity and magnetism" despois no globo "resistor", na xanela que se abre, na segunda columna, clica en DC circuits e despois no globo Examples. Despois so tes que elixir o tipo de circuíto ,dar valores e comprobar os resultados.
Circuito oscilante
Preséntovos outra páxina que me pareceu de interese, nela atoparedes un montón de Applets de diferentes tipos de circuítos.
+información
+información
Animacións electromagnetismo
No enlace, tendes moita información sobre electromagnetismo, campos electricos e magnéticos,circuítos con resistencias, bobinas, condensadores, etc.
Posiblemente a parte teórica é demasiado densa para alumnos do ciclo medio pero ó final de cada tema ten unha simulacións  (no índice aparece como actividades) realmente boas que vos poden axudar a comprender os circuítos.
Efectos dos harmónicos nos equipos electrónicos
Existen numerosos equipos modernos que son moi sensibles os cambios producidos na voltaxe de alimentación . Entre eles están os ordenadores, ,dispositivos electrónicos de comunicacións, etc.. Estes   equipos o estar constituídos por complexas e delicadas   configuracións de elementos de baixa potencia, necesitan dunha   fonte de alimentación moi estable . Para iso necesitan dunha fonte   primaria de ac e dun bloque rectificador con fonte de voltaxe   estabilizada. En algúns casos este bloque de alimentación   non posúe o grado de invulnerabilidade necesario para soportar   certos grados de distorsión da onda de voltaxe. Por   esta razón os delicados circuítos son sometidos a   variacións notables no lado dc de súas fontes, afectando ó funcionamento dos mesmos. Esta é a causa por exemplo do re-arranque de ordenadores sometidos a voltaxes altamente contaminados. Ademais, os equipos con alto nivel de integración que esteñan sometidos a voltaxes distorsionados por   harmónicos durante prolongados períodos de tempo, poden   presentar danos irreparables. 
No caso dos equipos que necesitan dun potencial   de terra nulo, si están conectados a condutores de   neutro polos que circulan correntes de harmónicos, entón veranse sometidos a voltaxes de neutro a terra   certamente perigosos que poden causarlles avarías.
Existen ademais equipos electrónicos que   necesitan sensar as magnitudes de fase para ter unha   noción de tiempo con respecto os comezos dos   períodos das correntes e voltaxes de   alimentación. Normalmente basean o seu funcionamento na   detección do cruce por cero das magnitudes que   chequean. Cando estas están sometidas os efectos de   distorsión pode darse o caso   de que aparezcan cruces por cero parásitas. Estas detecciones incorrectas pueden producir funcionamentos erróneos é algunos casos o non funcionamiento dos   equipos que controlan.
Efectos e consecuencias dos harmónicos
No seguinte enlace tendes un artigo onde se fai unha breve explicación do que son os harmónicos e os seus efectos.
+información
+información
3 de nov. de 2011
Radio galena
Investigando a construcción dunha radio a galena atopei esta páxina
Nela, ademais de atopar diferentes solucións para a construción dunha radio a galena, atoparedes como facer un condensador variable con follas de afeitar ou cun CD. Tamén explica como construír un auricular de alta impedancia ( necesario para escoitar a radio galena).
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




