3 de maio de 2021

Control de luces por un grupo con ESP8266 a través de un bot de Telegram

 Imos dividir o proceso en tres partes:

  • Creación do Bot, e do grupo en telegram.
  • Programación do ESP32.
  • Montaxe do circuito.

 

Creación do Bot en Telegram 

     Abrimos a aplicación de Telegram e buscamos "BotFather"

 

 

 

Unha vez que entras en BotFather, se queres ver as diferentes opcións podes escribir /help ou /start.

 

Neste listado vemos que o comando para crear un novo bot: /newbot

 

Agora indícanos que temos que poñer un nome ó Bot, así que tecleamos o nome que queremos para o noso Bot.

 

 Agora, indica que temos que poñer un nome de usuario o noso Bot,  ese nome ten que rematar en "bot"

Eu chameino OBotdeClase_bot
 


No momento en que poñemos un nome de usuario ao noso bot, BotFather, proporciona o token de acceso que precisaremos introducir no programa posteriormente para poder acceder o bot.


 
 

 

Agora hai que crear o grupo de telegram onde incluiremos as persoas que poderán interaccionar co bot e tamén incluiremos no grupo ó propio bot.



máis adiante veremos os premisos necesarios que ten que dar o propietario os outros membros do grupo para que podan interaccionar co bot.

Para interactuar co grupo de Telegram, no programa teremos que introducir o ID do grupo de telegram. Para saber cal é ese identificador, abriremos telegram no ordenador, pois na súa versión web, aparecerá na URL do grupo o seu ID:

 
 
 

 
IMPORTANTE: Cando poñamos o ID no programa, este terá que ir precedido por un -:

 #define CHAT_ID "-540037356"

*Nota: Cando estaba estudando como poder dar o control a varias persoas, lin varios titoriais para saber como determinar o ID dun grupo (para unha única persoa é doado, pois o bot IDBot permite obter ese identificador facilmente). Os titoriais propoñian diferentes métodos, pero ningún daba despois resultado na programación. A solución foi engadir ese guion ao número do enderezo web do grupo. Esperemos que ese método continúe no tempo, senón tocará buscar outros sistemas.


Para a programación do ESP, precisaremos :

    O token (é importante que non sexa de dominio público, pois con esa clave calqueira pode tomar o control do Bot).

 1767616658:AXXXXXXXXXXXXXXXXBuRloLzGx-7l-j0

    O identificador do grupo.

"-540037356"